Site Feedback

Joana E.

 

De cativo, devoraba os libros. Eran tempos moi felices nos que os días facíanseme moi longos e tiña sempre tempo dabondo para facer todo canto quixera. Pero logo, por unha e outra parvada -xa sabedes como van os adolescentes- fun deixándoo, e xa ves... Malia as moitas tentativas de reintroducir o hábito da lectura na miña vida de universitario, cunha carreira tan chea de altos e baixos como é a de informática, pobriño de min!, non acado manter unha rutina regular.

Como hai ponte esta semana, entre que vou avanzando un chisco coa tesiña, decidín aproveitar tamén para poñerme a ler algunha cousiña. Non sei se dicilo con orgullo ou vergoña, pero éche a miña primeira lectura do ano. Saquei da miña biblioteca «Joana E.», unha novela da escritora mallorquina Maria Antònia Oliver que mercara xa van moitos anos despois de ler o seu primeiro libro, «Cròniques d'un mig estiu», que por certo, encántame tamén.

Xa nas primeiras páxinas, hai unhas notas da autora que comezan con un «Esta é unha historia real». Se hai unha cousa que non me da convencido, é cando che me veñen con esas lerias de «baseado en feitos reais». De feito, quítaseme as ganas de seguir lendo. Xa, prexuízos, pero a verdade, non me arrepinto para nada de haberlle dado unha segunda oportunidade á autora.

A narrativa é moi rica en referencias, aínda que non sexa o tema central: trata de temas como a guerra, a normativización do catalán en Cataluña e nas Illas, o fascismo, o feminismo, o homosexualismo, a relixión e os valores da sociedade mallorquina daquela. Gústame o estilo da autora, o seu xeito de contar os feitos, e tamén, como se inclina ora cara un linguaxe máis mallorquino ora máis catalán estándar, supoño que pola morea de anos que leva vivindo en Barcelona.

Pois ben, que podo dicir de Joana, así sen soltar moito spoiler? Coido que foi unha muller moi por diante do seu tempo. En parte, ten que ver cos seus pais, que polos estudos e o nivel de vida que tiñan, podían permitirse o luxo de ser algo máis «modernillos». De todos os xeitos, recomendo este libro a quen se interese pola Mallorca de antano ou simplemente procura unha lectura amena en catalán.

Share:

 

0 comments

    Please enter between 0 and 2000 characters.

     

    Corrections

    Joana E.

    De cativo, devoraba os libros. Eran tempos moi felices nos que os días facíanseme moi longos e tiña sempre tempo dabondo para facer todo canto quixera. Pero logo, por unha e outra parvada -xa sabedes como van os adolescentes- fun deixándoo, e xa ves... Malia as moitas tentativas de reintroducir o hábito da lectura na miña vida de universitario, cunha carreira tan chea de altos e baixos como é a de informática, ¡pobriño de min!, non acado manter unha rutina regular.

    Como hai ponte esta semana, entre que vou avanzando un chisco coa tesiña, decidín aproveitar tamén para poñerme a ler algunha cousiña. Non sei si dicilo con orgullo ou vergoña, pero éche a miña primeira lectura do ano. Saquei da miña biblioteca «Joana E.», unha novela da escritora mallorquina Maria Antònia Oliver que mercara xa van moitos anos despois de ler o seu primeiro libro, «Cròniques d'un mig estiu», que por certo, encántame tamén.

    Xa nas primeiras páxinas, hai unhas notas da autora que comezan con un «Esta é unha historia real». Se hai unha cousa que non me da convencido, é cando che me veñen con esas lerias de «baseado en feitos reais». De feito, quítanseme as ganas de seguir lendo. Xa, prexuízos, pero a verdade, non me arrepinto para nada de haberlle dado unha segunda oportunidade á autora.

    A narrativa é moi rica en referencias, aínda que non sexa o tema central: trata de temas como a guerra, a normativización do catalán en Cataluña e nas Illas, o fascismo, o feminismo, o homosexualismo, a relixión e os valores da sociedade mallorquina daquela. Gústame o estilo da autora, o seu xeito de contar os feitos, e tamén, como se inclina ora cara unha linguaxe máis mallorquina ora máis catalán estándar, supoño que pola morea de anos que leva vivindo en Barcelona.

    Pois ben, qué podo dicir de Joana, así sen soltar moito spoiler? Coido que foi unha muller moi por diante do seu tempo. En parte, ten que ver cos seus pais, que polos estudos e o nivel de vida que tiñan, podían permitirse o luxo de ser algo máis «modernillos». De tódolos xeitos, recomendo este libro a quen se interese pola Mallorca de antano ou simplemente procure unha lectura amena en catalán.

     

    Teño unha dúbida: eres galego vivindo en Brasil ou eres brasileiro de nacemento?

    Write a correction

    Please enter between 25 and 8000 characters.

     

    More notebook entries written in Galician

    Show More