교정 · 2
Galiza na Toscana
Ola amiguiños, hoxe quero contarvos unha cousa que me pasou este verán. A verdade é que foi moi simpático e fíxome moita graza.
Unha amiga miña unha vez ensinoume a canción "Hai un galego na lúa" e díxome que os galegos están por todas as partes. Eu por suposto crin as súas palabras pero ao mesmo tempo coidei que non podían estar en tódolos lados de verdade. Bueno, este verán vin cos meus ollos que ela tiña tódala razón.
Dentro de pouco tiña o matrimonio dunha amiga da miña nai e tiveramos que chegar un pouco antes á casa da esposa porque a miña nai era a testemoña, entón mentras estabamos esperando a que se preparase a esposa puiden coñecer á veciña da esposa. A esposa presentouma e díxome que era española, entón lle perguntei moi contenta de onde era e ela díxome que era galega, dunha vila cerca de Coruña. Entón empecei a falarlle en galego e díxelle que me encantaba a súa lingua e a súa cultura e que estaba aprendéndoa. Ela sorprendeuse un pouco pero fíxolle ilusión, foi moi amable comigo e falamos un pouco en galego.
Moi boa redacción. O teu nivel de galego é bastante bo. Podes consultar aquí algunhas conxugacións de verbos https://linguakit.com/conjugator.
Os pronomes me, lle, etc. non sempre van despois do verbo. Por exemplo, con "que" van antes. Sen embargo, se dudas pono despois, pois a maioría van despois.
Ánimo
더 빨리 진행하고 싶나요?
이 학습 커뮤니티에 참여하고 무료로 연습해보세요!
집에서 편안하게 언어를 배울 수 있는 기회를 놓치지 마세요. 경험 많은 강사진을 살펴보고 지금 바로 첫 수업을 신청하세요!
오늘 학습 시작하기
