[Deactivated user]
Nunha piscina, como se chaman as faixas lonxitudinais separadas por boias Creo que esta é a primeira pregunta que se formula na miña lingua no foro :). Adoito escoitar, para describir as faixas que dividen a piscina lonxitudinalmente, o castelanismo "calles", o cal é evidentemente un erro. Mais consultando algúns dicionarios, nomeadamente o dicionario da RAG (2012), no consigo atopar o termo que describe ditas faixas. Sei que en portugués se chaman "raias", e acho que non sería unha mala solución adoptar ese termo. Se hai algún galegofalante no foro, ou algún coñecedor da nosa lingua que poida opinar, será benvido. Aproveito a ocasión para dar a coñecer aos outros membros da comunidade de italki a nosa fermosa lingua, o galego.
Sep 18, 2012 10:01 AM
Answers · 6
Calle, ou rúa en galego, é cada un dos espacios destinados para o nado. O que divide a piscina lonxitudinalmente denomínase corcheira (corchera en castelán). Saúdos.
October 30, 2013
Eu chamaríalle carreiros, aunque ten connotacións agrícolas. Carrís tamén pode entenderse. Busqueino tamén na RAG pero sen atopar gran cousa. Alégrome de que a nosa língua esté presente nestes lares :D Un saúdo a tódolos galegos!
September 30, 2013
Eu supoño que sí tamén se lles chama "carriles" en castelán, pois en galego que segundo a RAG, una acepción de carril é: "Parte dunha vía pública, estrada etc., destinada á circulación dunha soa ringleira de vehículos" con ese "etc" podería estar incluíndo tamén sobre a circulación dentro dunha piscina.
September 30, 2013
sou da colombia e quero felicitarvos per o vosso interes pelas lenguas iberoromances que muito se hao poerdido en latinoamerica e na lelhana España...e respecto a tua pregunta nao sei responderte creo que se chamam assimCALLES... e adios parcero que tenga buen dia desde medallo mi viejo siempre en el mango se les quiere y se les lleva como decimos en colombia
April 4, 2013
Moitas grazas, Esaro, agardo as túas novas;).
October 4, 2012
Show more
Still haven’t found your answers?
Write down your questions and let the native speakers help you!