Temat zgodny z zainteresowaniamiJedzeniePodróżeMuzykaPisanieCzytanie
Son Sara, profesora de idiomas cun enfoque práctico e próximo. Gústame acompañar ás persoas no seu proceso de aprendizaxe, creando un espazo cómodo onde poidan expresarse sen medo. Traballo no ámbito da comunicación e da coordinación de proxectos culturais, e teño experiencia en contextos internacionais. Encántanme os idiomas, a diversidade cultural e aprender das persoas coas que traballo.
Como profesora son flexible, atenta e adaptada a cada estudante. Interésame que te sintas cómoda/o desde o primeiro momento e que poidas avanzar ao teu ritmo. Gústame escoitar, observar e adaptar as clases ás túas necesidades, xa sexan mellorar a conversa, preparar unha viaxe ou gañar confianza co idioma.
As miñas clases son prácticas e comunicativas: falamos desde o inicio e aprendemos usando o idioma en situacións reais. Adapto os contidos aos teus intereses e obxectivos, combinando conversa, comprensión e expresión. O obxectivo é que aprendas de forma natural, dinámica e útil para o teu día a día.
Moje materiały dydaktyczne
Dokumenty tekstowe
Slajdy prezentacji/PPT
Pliki audio
Pliki graficzne
Pliki wideo
Artykuły i aktualności
Quizy
Prace domowe
Moje prace
Wykształcenie
2006 - 2011
Licencjat - XornalismoUniversidade de Santiago de Compostela
2011 - 2012
Magisterium - Migracións e Mediación InterculturalUniversidade de A Coruña