FutureSpy
Joana E. De cativo, devoraba os libros. Eran tempos moi felices nos que os días facíanseme moi longos e tiña sempre tempo dabondo para facer todo canto quixera. Pero logo, por unha e outra parvada -xa sabedes como van os adolescentes- fun deixándoo, e xa ves... Malia as moitas tentativas de reintroducir o hábito da lectura na miña vida de universitario, cunha carreira tan chea de altos e baixos como é a de informática, pobriño de min!, non acado manter unha rutina regular. Como hai ponte esta semana, entre que vou avanzando un chisco coa tesiña, decidín aproveitar tamén para poñerme a ler algunha cousiña. Non sei se dicilo con orgullo ou vergoña, pero éche a miña primeira lectura do ano. Saquei da miña biblioteca «Joana E.», unha novela da escritora mallorquina Maria Antònia Oliver que mercara xa van moitos anos despois de ler o seu primeiro libro, «Cròniques d'un mig estiu», que por certo, encántame tamén. Xa nas primeiras páxinas, hai unhas notas da autora que comezan con un «Esta é unha historia real». Se hai unha cousa que non me da convencido, é cando che me veñen con esas lerias de «baseado en feitos reais». De feito, quítaseme as ganas de seguir lendo. Xa, prexuízos, pero a verdade, non me arrepinto para nada de haberlle dado unha segunda oportunidade á autora. A narrativa é moi rica en referencias, aínda que non sexa o tema central: trata de temas como a guerra, a normativización do catalán en Cataluña e nas Illas, o fascismo, o feminismo, o homosexualismo, a relixión e os valores da sociedade mallorquina daquela. Gústame o estilo da autora, o seu xeito de contar os feitos, e tamén, como se inclina ora cara un linguaxe máis mallorquino ora máis catalán estándar, supoño que pola morea de anos que leva vivindo en Barcelona. Pois ben, que podo dicir de Joana, así sen soltar moito spoiler? Coido que foi unha muller moi por diante do seu tempo. En parte, ten que ver cos seus pais, que polos estudos e o nivel de vida que tiñan, podían permitirse o luxo de ser algo máis «modernillos». De todos os xeitos, recomendo este libro a quen se interese pola Mallorca de antano ou simplemente procura unha lectura amena en catalán.
2013年8月17日 07:40
修改 · 3

Joana E.

De cativo, devoraba os libros. Eran tempos moi felices nos que os días facíanseme moi longos e tiña sempre tempo dabondo para facer todo canto quixera. Pero logo, por unha e outra parvada -xa sabedes como van os adolescentes- fun deixándoo, e xa ves... Malia as moitas tentativas de reintroducir o hábito da lectura na miña vida de universitario, cunha carreira tan chea de altos e baixos como é a de informática, ¡pobriño de min!, non acado manter unha rutina regular.

Como hai ponte esta semana, entre que vou avanzando un chisco coa tesiña, decidín aproveitar tamén para poñerme a ler algunha cousiña. Non sei si dicilo con orgullo ou vergoña, pero éche a miña primeira lectura do ano. Saquei da miña biblioteca «Joana E.», unha novela da escritora mallorquina Maria Antònia Oliver que mercara xa van moitos anos despois de ler o seu primeiro libro, «Cròniques d'un mig estiu», que por certo, encántame tamén.

Xa nas primeiras páxinas, hai unhas notas da autora que comezan con un «Esta é unha historia real». Se hai unha cousa que non me da convencido, é cando che me veñen con esas lerias de «baseado en feitos reais». De feito, quítanseme as ganas de seguir lendo. Xa, prexuízos, pero a verdade, non me arrepinto para nada de haberlle dado unha segunda oportunidade á autora.

A narrativa é moi rica en referencias, aínda que non sexa o tema central: trata de temas como a guerra, a normativización do catalán en Cataluña e nas Illas, o fascismo, o feminismo, o homosexualismo, a relixión e os valores da sociedade mallorquina daquela. Gústame o estilo da autora, o seu xeito de contar os feitos, e tamén, como se inclina ora cara unha linguaxe máis mallorquina ora máis catalán estándar, supoño que pola morea de anos que leva vivindo en Barcelona.

Pois ben, qué podo dicir de Joana, así sen soltar moito spoiler? Coido que foi unha muller moi por diante do seu tempo. En parte, ten que ver cos seus pais, que polos estudos e o nivel de vida que tiñan, podían permitirse o luxo de ser algo máis «modernillos». De tódolos xeitos, recomendo este libro a quen se interese pola Mallorca de antano ou simplemente procure unha lectura amena en catalán.

 

Teño unha dúbida: eres galego vivindo en Brasil ou eres brasileiro de nacemento?

2013年8月18日
想快些进步吗?
加入这个学习社区,来试试免费的练习吧!
FutureSpy
语言技能
南非荷兰语, 阿尔巴尼亚语, 巴斯克语, 加泰罗尼亚语, 查瓦卡诺语, 英语, 菲律宾塔加洛语, 印度尼西亚语, 老挝语, 马来语, 挪威语, 葡萄牙语, 罗曼什语
学习语言
南非荷兰语, 阿尔巴尼亚语, 巴斯克语, 查瓦卡诺语, 菲律宾塔加洛语, 老挝语, 马来语, 挪威语, 罗曼什语